Formatos

1. EXPOSICIÓNS


Coa colaboración de:
Rosa Arcos Caamaño,
presidenta de FADEMUR (Federación de Mulleres
Rurais de Galicia)

Co apoio de:
ECOMUDES


Lugar:
Casa das Asociacións
Contribución da muller
ao desenvolvemento rural sostible
Exposición fotográfica


Esta exposición rescata as achegas das mulleres rurais de Galicia, diversidade de rostros de cidadás anónimas en primerísimos planos, detalles da realización de artesanías e instantáneas que nos achegan ao mundo do traballo rural. Pertence aos fondos de FADEMUR Galicia. Foron realizadas e expostas no marco do proxecto ECOMUDES Muller, Medio ambiente e Desenvolvemento Rural en Galicia, cofinanciadas polo F.S.E coa colaboración de Unións Agrarias.

ECOMUDES é un proxecto que tenta consolidar un protagonismo crecente das mulleres traballadoras do medio rural na sociedade civil, no asociacionismo, nos novos xacementos de emprego relacionados con medio ambiente, no papel multifuncional da agricultura, nas redes asociativas, en definitiva no novo sistema rural, aproveitando a experiencia práctica dos diferentes actores xa consolidados e o desenvolvemento de capacidades comunais, que se atopan no territorio, relacionados con enfoque de xénero, a conservación e o medio ambiente.


Comisariada por:

Paula Cabaleiro
Que ves cando me ves?
Exposición colectiva 

Despois de séculos e séculos de patriarcado e de exclusión das mulleres dos espazos de <decisión>, a artista contemporánea reivindica a dimensión cultural da muller, abrindo unha liña de debate, discusión e reflexión crítica.
 Que ves cando me ves? propón una revisión diverxente das cuestións de xénero, que incumben problemáticas tan diversas como: os dereitos da muller, alcanzados ou aínda incrustados nun proceso utópico de consecución; a contemporánea incorporación da muller ao mundo laboral, a relación dialóxica entre este e o ámbito doméstico; a asimétrica concepción da maternidade e a paternidade; o tratamento da imaxe da muller nos medios de comunicación e nos campos da publicidade e a moda, como así tamén, a analoxía histórica que frecuentemente se debuxou entre a figura feminina e as artes "menores"; a ambigüidade en canto ao xénero ou a transexualidade como transgresión do xénero, etc." Paula Cabaleiro, Comisaria

 
Artistas participantes:
Paula Cabaleiro María Move
Silvia Capelo Renata Otero
Nanda Cabaleiro Sheila Pazos
Carmen Cabaneiro Xedes Peón
Montse Cea Tania Pérez Arribas
María Chenut Laura Piñeiro
Basilisa Fiestras Montse Rego
Carmen Hermo Beatriz Suárez Saá
Magatzem 909MC Paz Vicente
María Meijide

> Ver invitación 



2. VIDEOPROXECCIÓN


Produtora:
MrMisto Films S.L.

Director:
Pablo Ces

Investigación / guión:
Aurora Marco


Lugar:
CGAC
As silenciadas
Exposición Audiovisual


As silenciadas, recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio…

Co propósito de contribuír ao labor de recuperación da memoria histórica e da historia das mulleres, elaborouse este produto audiovisual que tenta a divulgación dalgunhas traxectorias femininas na época da posguerra en Galicia. Mulleres que, malia seren a columna vertebral da resistencia antifranquista, seguen a ser ignoradas ou esquecidas. Neste sentido, o documentario, alén de innovador, é pioneiro.
 

www.silenciadas.com


3. INSTALACIÓN ARTÍSTICA NA RÚA


Concepto, atrezzo
e fotografía:
María Chenut

Estructura e pintura:
Branda
(Óscar Brandariz)
Muller Express (ME)
Intervención en espazos públicos e Internet 

O que encarna á muller do 2011 é a súa complexidade. É unha muller multitarea. MullerExpress rende homenaxe a estas mulleres e confírelles o súper poder para levar a cabo o seu propio destino.

Un carro de batalla móbil desprazarase pola cidade antes e durante o evento central na Praza Roxa, convidando o público a participar dun modo lúdico e reflexivo acerca dos roles encarnados polas mulleres.

Cada paseante ten a oportunidade de auto-representarse, incorporando elementos simbólicos (feitos de tea) cos que se identifica e incoporándoos á instalación. De seguido colocará os manguitos, inserirá súa a cabeza no recorte e, “click”, quedará retratada de MullerExpress.


4. "A BELEZA ESTÁ NARÚA"
     Actividades recreativas na Praza Roxa


Actriz/Contacontos:
Sherezade Bardají
Asombradas: á luz das palabras
Contos para nen@s con sombras chinescas

A selección do material apunta  a impulsar o protagonismo da muller na toma de decisións, defendendo os seus dereitos e promovendo a súa autonomía e  a igualdade entre os xéneros, ademais de fomentar a escoita activa e favorecer o espírito crítico. A acción centrarase na narración de contos populares de todos os recunchos do mundo nos cales as mulleres (bruxas, princesas, raparigas...) son as protagonistas. As que loitan e vencen as batallas.




Concepto e serigrafía:
Teo Ruiz


Artistas:
Marga Crespo
Nanda Cabaleiro


Deseño Gráfico:
Mónica Mura
Xuño Galego
Xornadas de estampación en directo

Lembrando o maio francés, 2 serígrafas e 1 gravadora levarán as súas  máquinas e ferramentas á rúa para estampar delantais de cociña e bolsas da compra, símbolos do traballo da muller no fogar- Con esta actividade preténdese,  renovando o espírito do Maio do 68, fomentar a reflexión desde  a perspectiva de xénero  para resituar o papel das mulleres e os moz@s como axentes políticos activos na vida dunha sociedade, ademais de democratizar e pluralizar o acceso ás técnicas.

Concepto e realización:
Colectivo Artístico 20 65
(20º e 65% de humidade)
Acción cristal de mora
Instalación e performance

A acción é unha reflexión crítica sobre o “teito de cristal” que envolve ás mulleres na nosa sociedade. Con 300 balóns de cor violeta e múltiples tamaños suspensos no ar por helio e suxeitos por fíos a unha rede metálica situada no chan (como representación da nosa sociedade) as 9 artistas convidan o público a cortar ou desfacer os nós dos fíos. A acción acaba cando todos os globos son liberados e o teito desapareceu na súa forma.

Integrantes do colectivo:

Carolina AraujoLidia Costa
Paula CabaleiroBasilisa Fiestras
Carmen CabaneiroBeatriz Suárez Saá
Carolina CaluoriPaz Vicente
Silvia Capelo


Ágora agora
Espazo de libre expresión / foro feminista

Micrófono aberto para que asociacións, colectivos e/ou ciudadan@s non asociados poidan expresarse libremente. Poderán difundirse manifestos, suxestións, peticións, queixas, anuncios de espectáculos, poemas, críticas e discursos varios, relacionados coa temática do evento. Intentarase rexistrar estas intervencións para subilas á web, a modo de manifesto colectivo. 




Autora/Actriz: Esther f. Carrodeguas

Actriz: Raquel Nogueira como Alicia.


Actor: como Alberto... un colaborador especial para cada ocasión!!!


Collage
Teatro-literatura
Collage é un xogo literario (que pode mercarse en formato libro) composto de 45 tarxetas/ barallas que se len de diferentes maneiras segundo como se ordenen os naipes.

No espectáculo literario que dura media hora, a escritora (no papel de si mesma), sae de diante do ordenador para enfrontarse aos seus lectores cara a cara, dramatizando a historia de amor entre Alicia e Alberto. Un trío amoroso construído na liña que divide a realidade da ficción que se cociña con escuma de lavadora, nata en aerosol e amorodos ben maduros.


Espazo Editora
Revista Andaina
Aula 25-Grailibros: Servizo Publicacións USC
e outras editoriais.


5. MULLER E NOITE



Vestiario: Matilde Rodríguez

Iluminación: Manu Lago


Deseño gráfico: Dolores

Folgar e Manu Lago

Fotografía: Teresa Borace

e Manu Lago

Xestión e distribución:

La Tía Mardalina

Vídeo:

Teresa de la Hera
"Wir Frauen"

Ela é máis ou menos alta, guapa,
bueno... atractiva, loira, un bo formato,
unha desas persoas que ves pola rúa e
non podes deixar de mirar porque queres
saber porque non podes deixar de mirala;
seguro que cociña ben, non é que queira
coñecela, daríame preguiza, máis ben
téñolle unha especie de medo.


Ten todo o que eu non teño. É perfecta.



Ceación, textos e interpretación:
Helen Bertels


www.helenbertels.com

Ver programa





Xiana Carracelas, 
Iria Sobrado 
e Nerea Barros
(ex Nutteatro)

Entrada 3€ 
"My Own Life"
Compañía Nutteatro

A identidade é quen de se desfacer da nostalxia

"My Own Life" é unha reflexión aberta sobre os vínculos entre a memoria - a identidade-  a  nostalxia- a familia. Nesta proposta, máis que un espazo para descubrir quen somos, a memoria convértese nun arma para refutar o que somos. Desprenderse da memoria ou operar sobre ela, pode ser a mellor forma de non perpetuarnos e de non perpetuar, tampouco, o xogo de relacións que nos rixen. A memoria pode ser tamén un espazo de loita. 

www.nutteatro.es

Ver programa


6. OUTRAS ACTIVIDADES



Comunicación e debates
As xornadas propoñen diálogos co propósito de dotar de rigor as ideas e cuestións relacionadas co análise da diferenza de xénero como categoría.

Recoñecidas representantes de ámbitos da pedagoxía, a investigación, a arte, a xestión, o activismo, os medios e as novas tecnoloxías, compartirán co público as súas reflexións e ensaiarán respostas a novos interrogantes sobre xénero no seu ámbito de traballo.

Creación, Xestión /Crítica
e Activismo
Ania González
Encarna Lago
Natalia Poncela
Marta Prieto
Renata Otero
Revista "Andaina"
Sabela Pernas Soto, 
Ana Seijo Cuba
Ana Gesto
Mulleres investigadoras
e universidade
Aurora Marco
Luz Castro
María Xosé Agra
Raquel Castillejo
Rita Radl



Expulsadas do Parnaso
Recital de Poesía
A intención é reunir a poetas de diferentes xeracións e estéticas e propiciar o encontro co público nunha escoita e espazo non convencionais. O recinto ofrece varias posibilidades: a terraza á luz das candeas (se fai bo tempo) e tamén a posibilidade de dialogar coa obra exposta das artistas que integran a exposición xa que gracias ao micrófono inalámbrico, temos unha maior liberdade á hora de imaxinar unha posta en escena para cada intervención. 

Algunhas poetas con obra en formatos audiovisuais utilizarán unha pantalla táctil fixa na parede da sala. Ademais na web aparecerán os links das poetas con obra en videocreacións, poesía visual, etc.


Participantes:
Andrea Nunes Briónspoeta e creadora audiovisual
Ania Gonzálezpoeta
As Candongas do Quirombocolectivo poético-audiovisual
Dores Tembráspoeta, filóloga e investigadora
Emma Pedreirapoeta
Estíbaliz Espinosaescritora, cantante, blogueira
Ledicia Costas Álvarezpoeta
Olalla Cociñapoeta e xornalista
Raquel Reiartista audiovisual
Teófila Noemí Ruizpoeta e serígrafa