Programa


Exposición "Contribución da muller ao desenvolvemento rural sostible"
11-31 maio
Inauguración:
11 maio 20:00h
Federación de Mulleres Rurais
(FADEMUR)
Casa das Asociacións
(sala multiusos)

Esta exposición fotográfica rescata as achegas das mulleres rurais de Galicia, diversidade de rostros de cidadás anónimas en primerísimos planos que nos achegan ao mundo do traballo rural.


Exposición Colectiva "Que ves cando me ves?"
10-30 xuño
Inauguración:
10 xuño 20:00h
Artistas Contemporáneas
Comisaria: Paula Cabaleiro
Casa das Asociacións
(sala multiusos)

"Muller e Igualdade será o núcleo de encontro entre as diversas liñas temáticas e perspectivas presentes nas distintas obras. As cuestións de xénero incumben problemáticas tan diversas como os dereitos da muller, alcanzados ou aínda incrustados nun proceso utópico de consecución..."
Paula Cabaleiro, comisaria.

> Ver invitación 


Exhibición Documental "As silenciadas"
8 xuño
19:30h
Director: Pablo Ces
Guión / Investigación: Aurora Marco
CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea

Co propósito de contribuír ao labor de recuperación da memoria histórica e da historia das mulleres, elaborouse este produto audiovisual que tenta a divulgación dalgunhas traxectorias femininas na época da posguerra en Galicia. 



Intervención artística na rúa: "Muller Express"
8, 10, 11
e 18 xuño
María Chenut
e Branda (Óscar Brandariz)
Diversas
localizacións

8 xuño
mércores
De 17:00 a 19:00h, Praza de Cervantes
De 19:30 a 20:30h, explanado do CGAC

10 xuño
mércores
De 17:00 a 19:00h, Biblioteca Anxel Casal, Facultade de Maxisterio e Xoán XXIII ata Auditorio de Galicia e Facultade de Periodismo
De 19:00 a 21:00h, Praza do Toural ata Alameda

11 xuño
sábado
De 10:30 a 12:30h, Praza Abastos
De 13:00 a 14:30h, Praza Roxa

18 xuño
sábado
De 11:00 a 14:30h, Praza Roxa

A muller, hoxe, é unha “action figure” (...) e fai malabarismos física e psiquicamente para poder atender de maneira áxil as distintas frontes de acción. "Muller Express" rende homenaxe a estas mulleres e confírelles o súper poder para levar a cabo o seu propio destino.


Recital de Poesía / "Expulsadas do Parnaso"
17 xuño, venres
20:00h
Andrea Nunes Brións, Ania González, As Candongas do Quirombo, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Ledicia Costas Álvarez, Raquel Rei, Teófila Noemí RuizCasa das Asociacións

A intención é reunir a poetas de diferentes xeracións e estéticas e propiciar o encontro co público nunha escoita e espazo non convencionais. (...) Algunhas poetas con obra en formatos audiovisuais utilizarán unha pantalla táctil fixa na parede da sala. Ademais na web aparecerán os links das poetas con obra en videocreacións, poesía visual, etc.


Mesas de comunicación e debates: "Qué ves cando me ves?"
21 e 22
de xuño, 19:00h
Representantes de ámbitos da arte,
xestión, investigación, activismo,
ciencia e tecnoloxía...
Casa das Asociacións

21 xuño
martes
"Creación, Xestión / Crítica e Activismo"
Relatoras: Ania González, Encarna Lago, Natalia Poncela, Marta Prieto, Renata Otero, Revista "Andaina", Sabela Pernas Soto, Ana Seijo Cuba e Ana Gesto

22 xuño
mércores
"Mulleres investigadoras e universidade"
Relatoras: Aurora Marco, Luz Castro, María Xosé Agra, Raquel Castillejo e Rita Radl

Co propósito de dotar de rigor as ideas e cuestións relacionadas co análise da diferenza de xénero como categoría, e resituar definicións actuais sobre as premisas que definen as prácticas artísticas, os movementos e as tendencias galegas actuais.


"A beleza está na rúa" / Xornadas Recreativas
Estampación en directo: "Xuño Galego"
18 xuño, sábado
12:00 a 14:00h
Marga Crespo, Nanda Cabaleiro
e Teo Ruíz
Praza Roxa (Carpa)

Lembrando o maio francés, 2 serígrafas e 1 gravadora levarán as súas máquinas e ferramentas á rúa para estampar en directo con técnicas serigráficas e linóleo, eslóganes e imaxes en cor xurdidas da colaboración coa deseñadora gráfica Mónica Mura.


"A beleza está na rúa" / Xornadas Recreativas
Acción artística: "Cristal de Mora"
18 xuño, sábado
11:00 a 14:30h
Colectivo Artístico 20 65(20ºC, 65% humidade)Praza Roxa (Carpa)

A acción consistirá en colocar nunha praza pública da cidade de Santiago de Compostela, un símbolo do “teito de cristal” que demostra o límite e a fronteira dos actos permitidos á muller.


"A beleza está na rúa" / Xornadas Recreativas
Sesión de contos: "Asombradas, á luz das palabras"
18 xuño, sábado
11:30 - 12:15h
Sherezade BardajíPraza Roxa (Carpa)

A acción centrarase na narración de contos populares de todos os recunchos do mundo nos cales as mulleres (bruxas, princesas, raparigas...) son as protagonistas. As que loitan e vencen as batallas...


"A beleza está na rúa" / Xornadas Recreativas
Espazo activismo: "Ágora agora"
18 xuño, sábado
13:00-14:00h
Micrófono abertoPraza Roxa (Carpa)

Instalarase un espazo con micrófono aberto para que asociacións, colectivos e/ou ciudadan@s non asociados poidan expresarse libremente e sen censura previa.


"A beleza está na rúa" / Xornadas Recreativas
Espectáculo literario: "Collage"
18 xuño, sábado
12:30-13:00h
Esther f. Carrodeaguas, Raquel Nogueira
e un colaborador especial
Praza Roxa (Carpa)

No espectáculo literario que dura media hora, a escritora (no papel de si mesma), sae de diante do ordenador para enfrontarse aos seus lectores cara a cara, dramatizando a historia de amor entre Alicia e Alberto. Un trío amoroso construído na liña que divide a realidade da ficción que se cociña con escuma de lavadora, nata en aerosol e amorodos ben maduros.


"A beleza está na rúa" / Xornadas Recreativas
Difusión editorial
18 xuño, sábado
11:00-14:30h
Revista Andaina, Aula 25-Grailibros: Servizo Publicacións USC e outras editoriais
Praza Roxa (Carpa)


"Muller e Noite"/ Programación propia en salas
8, 16, 17 e 18
de xuño
Varias produccións

17, 18 xuño
21:30h
"Wir Frauen"
Danza - Teatro
Helen Bertels
Sala Nasa

8 e 16 xuño
19:00h
 
"My Own Life" / Entrada: 3 €
Intervención para-teatral / Instalación
Xiana Carracelas, Iria Sobrado e Nerea Barros (ex Nutteatro)
Factoría
Fundación Granell



Actividades autoxestionadas para compartir a difusión do evento e visibilizar as producións das mulleres nas artes escénicas.